jueves, 29 de enero de 2009

NON HABRÁ DEBATE


Varela responde tres semanas despois do ofrecemento do PPdeG dicindo que o aspirante socialista non debaterá cara a cara co líder dos populares galegos

O PSOE pecha a porta a un debate a dous entre Touriño e Feijóo polo convencemento de que o seu candidato o perdería

Lamentou que ao final prime a opinión dos asesores de Touriño, que “vaticinaban unha dura derrota nunha cara a cara entre o candidato socialista e Alberto Núñez Feijóo”

É unha mágoa que o PSOE, “por medo a perder, prive á cidadanía galega dun encontro entre quen poden presidir a Xunta a partir do 1 de marzo”

“Ten pavor ante a figura de Feijóo porque sabe que será o presidente dos populares galegos quen lle retirará da política”

O PSOE negouse a aceptar o ofrecemento do PPdeG para celebrar unha cara a cara entre os dous aspirantes a presidir a Xunta, Touriño e Feijóo. O vicesecretario xeral dos socialistas galegos respondeu -tres semanas despois de recibir co ofrecemento popular- que o PSOE “avoga por un debate no que estean presentes os candidatos (…) por parte das forzas con representación parlamentaria”. Isto é, un encontro a tres entre PSOE, BNG e PPdeG.

O secretario xeral do PPdeG lamentou que ao final prime a opinión dos asesores de Touriño, que “vaticinaban unha dura derrota nunha cara a cara entre o candidato socialista e Alberto Núñez Feijóo”, e que leva aos socialitas a dicir ‘non’ ao debate a con líder dos populares galegos. Alfonso Rueda asegura que é unha mágoa que o PSOE, “por medo a perder, prive á cidadanía galega dun encontro moi desexado entre quen poden presidir a Xunta a partir do 1 de marzo”.

Para Rueda, mostras de covardía como esta confirman o verdadeiro talante do actual presidente da Xunta, que nin se atreveu a enfrontarse nestes catros anos aos problemas que atenazaban a Galicia nin se atreve agora a enfrontarse ao candidato do outro partido que aspira a gobernar a Xunta.

O secretario xeral do PPdeG asegurou que o pánico enfermizo que Touriño ten cara a Feijóo é directamente proporcional ao que ten a ser varrido nas eleccións de marzo. “Ten pavor ante a figura de Feijóo porque sabe que será o presidente dos populares galegos quen lle retirará da política”, di.

blog comments powered by Disqus