O CONCELLO DE PONTEDEUME SOLICITA A COLABORACION DOS ESTABLECEMENTOS EUMESES PARA LOGRAR A ERRADICACION DO BOTELLÓN
A iniciativa enmárcase dentro do Programa “Botellón Cívico” iniciado no mes de maio pasado dende a Concellería de Servicios Sociais
O Concello de Pontedeume segue a traballar na implementación do Programa Botellón Cívico que se iniciou xa no mes de maio pasado. Este programa consiste basicamente nunha ampla Campaña de Sensibilización sobre o fenómeno de Botellón en Pontedeume.
Segundo explicou esta mañán a edil de benestar Ruth García Campos, “o proxecto dividiuse en tres fases perfectamente definidas polos obxectivos a cumprir e ós colectivos ós que van dirixidos”. Actualmente o programa atópase na terceira fase que presenta dúas vertentes: a primeira se centra en deseñar accións formativas dirixidas ós grupos de 3º e 4º da Eso do Concello de Pontedeume proporcionando formación en Educación para a Saúde e realizando obradoiros de Dinamizacion e Participación social co fin de implicar a toda a Comunidade Educativa (alumnado, titores, ampas...); e a outra vertente trata de consensuar accións implicando ó conxunto da sociedade por medio de reunións informativas e a creación de grupos de traballo. Esta fase estase levando a cabo e durará ata o remate do o curso escolar.
Segundo García Campos, “consideramos que o Botellón non é unicamente un problema de civismo, de respecto polos espacios compartidos, tendo em contra que o parque onde celebramos o botellón será empregado horas despois para que xoguen os máis pequenos. É unha cuestión tamén de respecto polo descanso dos veciños e sobre todo, um problema de saúde, posto que todos coñecemos o efecto que produce o consumo de alcohol, e máis aínda en persoas tan novas e as repercusións que terá nun futuro non lonxano na saúde de quen o consume”, explicou
IMPLICAR Á HOSTELERIA.
García Campos explicou que dende o goberno local que preside Gabriel Torrente se considera fundamental a implicación de todos os colectivos que se atopan relacionados coa xuventude e o consumo de alcohol, “e por iso dende a Concellería de Servicios Sociais nos dirixiremos ós establecementos de hostelería e aqueles que se adican á venda de bebidas alcohólicas para lembrarlles a responsabilidade que teñen eles nesta problemática e as posibilidades que hai de reducila e mesmo erradicala polo que solicitamos a súa colaboración. Todos somos responsables e todos somos útiles á hora de paliar este fenómeno social”, explicou. A edil explicou que “a experiencia dos últimos anos está a demostrar que as vías de traballo son múltiples e múltiples tamén os diferentes sistemas sobre os que debemos incidir; pensamos que a única fórmula con vallidez é o diálogo-negociación entre as partes implicadas”.
O BOTELLON É UN PROBLEMA DE TODOS
Ruth García Campos explicou que o gobierno local apostou póla via do diálogo e o acordo para lograr reducir e erradicar o problema do botellón. “Dende o Concello apostamos por un modelo de traballo baseado no diálogo coas partes implicadas, na reflexión sobre a toma de decisións, na xeración de propostas novedosas, de impacto, e sobre todo, eficaces. Sabemos que a solución será máis efectiva de acadar a colaboración dun amplo número de axentes. Por iso, unha vez máis, queremos facer un chamamento á sociedade eumesa para que, dentro das súas posibilidades, e sempre dendo o respecto, a consideración da liberdade de cada persoa e cada un dentro do seu ámbito propio, colaboremos todos na eliminación desta problemática”.
DUAS FASES XA CULMINADAS
O proxecto Botellón cívico dividiuse em tres fases de traballo. A primeira consistiu na creación dunha Campaña de Impacto para o inicio de medidas orientadas á busca de fórmulas para a minimización dos efectos producidos polo fenómeno do botellón en Pontedeume. As accións levadas a cabo foron de consultoria, de recollida de información sobre o botellón e a distribución da campaña publicitaria entre a Comunidade e os centros educativos. Os elementos da campaña foi a edición de lonas, flayers, carteis e pegatinas e se desenrolou nos meses de maio e xuño 2008.
Na segunda fase, aproveitando a chegada do verán e o aumento de horas adicadas ao tempo de ocio da mocidade eumesa, e continuando coa Campaña de impacto leváronse á cabo accións dirixidas á participación comunitaria: entre outros, durante dous fins de semana do mes de agosto acción dirixidas a sensibilizar e dar a coñecer a campaña á mocidade: xincana nocturna, Stands da Campaña. Tivo lugar nos Almacéns de Raxoi.
Dende o gobierno de Gabriel Torrente agárdase a colaboración do conxunto da cidadania eumesa para lograr minimizar o problema do botellón na Vila dos Andrade.