XANTAR NA CASA
O CONCELLO DE PONTEDEUME SOLICITA Ó CONSORCIO GALEGO DE SERVICIOS SOCIAIS A SÚA INCLUSION NO PROGRAMA XANTAR NA CASA
O goberno agarda poder firmar um convenio coa administración autonômica que redundaria em benefícios para dependentes eumeses e persoas em situación de risco de exclusión social
O Concello de Pontedeume ven de remitir ó Consorcio Galego de Servicios Sociais, dependente da Xunta de Galícia a solicitude para a súa adhesión o programa “Xantar na casa”.
Segundo explicou a concelleira de Servicios Sociais, Ruth García Campos, ó longo do ano pasado o concello eumés traballou para ofrecer este servicio ós veciños que o precisen, sen embargo, os trámites administrativos da Vicepresidencia de Igualdade foron máis lentos que o desexado, de forma que moitos dos concellos que estaba previsto que entrasen na primeira fase da prestación deste programa por parte do Consorcio de Servicios Soaisis renunciaron, quedando prazas vacantes.
Segundo explicou a edil eumesa, dende Vicepresidencia informaron ó concello que existen posibilidades de que Pontedeume poida entrar neste programa a inicios deste ano 2009. Por elo, dende o Concello de Pontedeume decidíuse solicitar formalmente a adhesión de Pontedeume a este servicio. García Campos explicou que a inclusión de Pontedeume neste programa da Xunta permitiria ó concello facer um aforro importante, que redundaria na mellora doutros servicios municipais. Ó mesmo tempo a inclusión de Pontedeume no programa autonômico “Xantar na Casa” permitiria tamén aos usuários aforrar com respecto ó custo actual do servicio que presta o concello.
García Campos amosou a súa confianza en obter desposta nun prazo breve de tempo para poder firmar un convenio co Consorcio de Servicios Sociais, para que o servicio poida comezar no primeiro trimestre do ano. As estimacións municipais sinalan que em torno a 12 veciños em situación de dependência ou risco de exclusión social poderían beneficiarse do programa. Segundo figura no convenio que o concello poderia firmar em breve, o usuário poderia ter a súa disposición um menu de dous pratos, postre, e pan por 1,84 euros ó dia. O custo restante sería aportado pólo Consorcio de Servicios Sociais e o próprio Concello de Pontedeume.