lunes, 9 de febrero de 2009

Debate: Maria Seoane, Iria Aboi e Loli Rodríguez



Neste primeiro falouse da campaña de cada partido; da Lei inexistente de mocedade; da suba das taxas feita polo Goberno; e as medidas económicas ante a crise económica.



Falouse das novas tecnoloxías empregadas polos diferentes partidos políticos que compoñen o arco parlamentario galego; programas electorais; etc.

Recoméndovos ver estes vídeos entre as líderes das formacións político xuvenís de Galicia.

Cada unha cos seus argumentos, por fin falouse da Suba das Taxas feita por este goberno, que chegan ata un incremento do 7%, no que María Seoane estivo moi contundente, e que Loli Rodríguez (XSG) xustifica pola crise económica (non logro a entender este argumento, cando o escoitei quedeime petrificado), é dicir, a máis crise máis impostos; da inexistente Lei de Mocedade tan prometida por este Goberno; do Plan de Bolonia no que tanto Iria Aboi como Loli Rodríguez nin sequera comentaron; e a confusión de Iria Aboi da xestión de Correos coa Lexislación Electoral pola que os emigrantes non poden votar en urna, no que María Seoane estivo moi rápida deixándoa sen argumentos; e a limpeza da política defendida por María Seoane ante o despilfarro das sillas de Oxford, do coche fantástico, do "despacho oval", etc.

Gracias o noso compañeiro Jorge Cubela

blog comments powered by Disqus