viernes, 13 de febrero de 2009

Feijóo pide para o PPdeG o voto de “todos” porque “merece a pena sumarse a unha ilusión”




O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, iniciou a campaña electoral pedindo o voto de “todos” os galegos para a candidatura que encabeza, porque “Galicia somos todos e para todos hei gobernar”.

No acto de pegada de carteis, celebrado na compostelana praza do Toural, Feijóo animou aos electores a respaldar masivamente ao PPdeG e, para iso, pediu o voto “aos que nos votaron sempre, para dicirlles que estaremos á altura das súas expectativas; aos que nos deixaron de votar, para dicirlles que, durante estes anos, aprendemos dos nosos propios erros; aos que nunca votaron, para dicirlles que merece a pena sumarse a unha ilusión; aos que se senten defraudados polo bipartito, para dicirlles que, se fallo nos meus compromisos, eu non pedirei unha segunda oportunidade; e aos que se senten desanimados pola crise, para dicirlles que pode haber unha esperanza e hai un momento marcado no calendario para ela: o 1 de marzo”.

OS ELECTORES PODERÁN RECLAMARLLE


O líder dos populares galegos apuntou que a súa xestión seguirá o guión marcado no programa electoral do PPdeG e plasmado nun compromiso de 14 puntos asinado para que os electores lle podan reclamar o cumprimento das promesas electorais en calquera momento da lexislatura.

“Empezamos un camiño inverso á destrucción do emprego”; subliñou Feijóo para volver deixar claro que a súa prioridade consiste en combater o paro e remontar a crise económica, pero que tamén buscará a mellora dos servizos públicos, como sanidade, a atención aos dependentes e aos maiores; a preservación do medio ambiente, e a igualdade de oportunidades para todos, mulleres ou homes, habitantes do medio rural ou urbano, da costa ou do interior.

AUSTERIDADE E REXENERACIÓN DEMOCRÁTICA

“Empezamos un camiño austero, sí, porque é o único camiño lóxico; un camiño ao aire libre, para que o osíxeno axude a rexenerarse á política”, engadiu.

A 16 días da cita coas urnas, Feijóo reclamou unha participación masiva nos comicios do vindeiro 1 de marzo, “co convencemento absoluto de que todos e cada un dos votos, reforzan a esa persoa única chamada Galicia”.

“Ao longo de toda a miña vida lévome preparando para este momento. Chegou o momento... e estou preparado; preparado para comprometerme co futuro das galegas e dos galegos; para demostrar que paga a pena todo isto; e para devolver a ilusión a este país”, afirmou.

blog comments powered by Disqus