lunes, 16 de febrero de 2009

FEIJÓO PROPICIARÁ A EMANCIPACIÓN DOS MOZOS



FEIJÓO PROPICIARÁ A EMANCIPACIÓN DOS MOZOS SACANDO AO MERCADO O STOCK DE VIVENDAS SEN VENDER EN CONDICIÓNS SEMELLANTES ÁS PROTEXIDAS

Feijóo dará máxima prioridad a favorecer el acceso a la vivienda digna.

- O futuro Goberno do PPdeG presidido por Feijóo favorecerá a emancipación dos mozos galegos poñendo á súa disposición vivendas xa construídas e sen vender a prezo concertado, cunhas condicións semellantes ás que, ata o de agora, se aplicaban en exclusiva para as vivendas protexidas.

- Acceder a unha vivenda se converteu, nos últimos anos, nunha misión imposible para os xóvenes galegos.

- Datos do Consejo de la Juventud certifican que mentres no segundo trimestre de 2005 cada mozo galego que aspirase a mercar unha vivenda debía dedicar a este obxectivo o 42,5% do seu esforzo, ese indicador disparouse ata situarse no 71,9% no segundo trimestre de 2008.

- Para inverter esta tendencia, Feijóo anunciou medidas encamiñadas a facilitar o arrendamento de vivendas, con axudas directas para os mozos e dous programas específicos: un de alugueiro con opción de compra (pasado un tempo, parte da renda satisfeita serviría como parte do pagamento para mercar o piso) e outro de alugueiro rotacional.

- Con todo, a proposta de maior alcance do PPdeG neste ámbito consiste en propiciar a saída ao mercado (para adquisición o arrendamento con opción de compra) do amplo stock de vivendas rematadas de construír, pero sen vender que existen actualmente e Galicia. O resumo do bipartito coa xuventude é “mais paro e menos vivenda”.

- A tal efecto, o Goberno de Feijóo promoverá un acordo con todos os axentes que interveñen no mercado inmobiliario (promotores, notarios e entidades de crédito) para ofrecer esa vivenda libre a prezo concertado, de xeito que se podan mercar nunhas condicións moi vantaxosas, similares ás que se aplican para as vivendas protexidas. A Xunta fixará cada ano o prezo máximo por metro cadrado que poderá acadar cada un dos pisos que se saquen ao mercado dentro desa modalidade. Anualmente publicarase tamén o listado de vivendas acollidas, garantindo o cumprimento dos requisitos e as axudas dispoñibles para acceder a elas.

- As prioridades do futuro Goberno de Feijóo en materia de xuventude se centrarán na creación de emprego e en facilitar o acceso dos mozos a unha vivenda.

- Feijóo porá en marcha o Plan de Emprego Xuvenil 2009-2013 que inclúe medidas encamiñadas á inserción laboral cun servizo de asesoramento e orientación laboral para mozos titulados e estudiantes; un banco de datos de titulados recentes accesible as empresas; un programa mixto emprego/formación para maiores de 25 anos; incentivos ás empresas que contraten indefinidamente a menores de 25, e de entre 25 e 39 anos que leven 6 meses no paro; incentivos fiscais ao autoemprego dos mozos, especialmente no medio rural e no medio marítimo-pesqueiro; e programas de actuación contra a precariedade laboral, contra o abuso do encadeamento e a rotación dos contratos temporais.

- O Goberno do PPdeG implantará medidas de apoio aos emprendedores e impulsará unha reforma das ensinanzas de Formación Profesional, que perdeu 13.600 alumnos do bipartito. Incrementarase a oferta formativa e acometeranse melloras dos centros e do seu equipamento, potenciando a relación coas empresas e os centros integrados. O impulso á Formación Profesional é aínda máis importante en época de crise.

blog comments powered by Disqus