lunes, 30 de marzo de 2009

ARGALLADAS

O Concello de Pontedeume pon en marcha "Argalladas", un programa de Conciliación Familiar e Laboral para os días 6, 7, 8 e 13 de Abril de 2009, coincidindo coas vacacións escolares de Semana Santa.

O Programa vai dirixido a familias con nenos ou neneas, entre 3 e 12 anos e os pais/nais ou titores que traballen ou teñan cargas familiares. As actividades terán lugar nun local do Concello (a determinar) de 09.00 a 14.00 hrs.

Nese tempo nenos e nenas poderán participar en actividades lúdicas e educativas onde a creatividade e a diversión en grupo serán claves. Os valores que se traballarán serán a igualdade, o respeto polo medio ambiente, a riqueza da diversidade ou a importancia dunha vida saludable, entre outros.

O número d eprazas é de 20.

Prazo de inscripción: Dende o 30 de Marzo ata o 2 de Abril de 2009

+ Información e inscricións en SERVIZOS SOCIAIS (Avda do Peirao. Edificio do Xulgado); tlfno: 981 43 32 88

blog comments powered by Disqus