jueves, 26 de marzo de 2009

O CONCELLO DE PONTEDEUME ORGANIZA TRES CONCURSOS PARA XOVENES ESTUDANTES DENTRO DO PROGRAMA EDUCATIVO “BOTELLÓN CIVICO”

O Concello de Pontedeume, dende a liña educativa do programa “Botellón Cívivo”, organiza unha serie de concursos dirixidos a mozos e mozas de 3º e 4º de ESO dos Centros de Ensino do Concello de Pontedeume.

A proposta consta de tres modalidades, que poden realizarse de xeito grupal, favorecendo a colaboración e comunicación entre os membros do grupo. Co concurso de lemas preténdese que os rapaces e rapazas elaboren un lema significativo que designe a campaña e co cal se poida realizar a comunicación en vindeiras edicións do programa.

Outra modalidade é a do concurso de carteis, co que se pretende conseguir unha liña de comunicación propia, por e para a comunidade. Neste senso preténdese implicar non só ao alumnado na participación dos mesmos, senón tamén ao equipo docente dos centros educativos.

Por último, temos o concurso de fotografía, que pretende ser unha plataforma que permita mostrar e compartir as vivencias nas fins de semana de Pontedeume. Nesta modalidade existen dúas categorías, con cámara de fotos e con móvil, e poderán participar todas aquelas persoas menores de 30 anos enviando de unha en unha as fotos ao email botelloncivico@gmail.com.

Os participantes deberán reflectir a súa idea do botellón con calquera destes medios de expresión utilizando como base as temáticas empregadas na campaña: ocio compartido, divírtete pensando, limpa o que manchas, relaciónate con xeito, xestiona o lixo (evita consumos innecesarios) e recicla.
Haberá tres premios por cada un dos concursos de lemas e carteis, dotados de 120, 90 e 50 euros e no caso da modalidade fotográfica os premios serán de 120 euros para as fotografías dixitais e 90 euros para a foto premiada realizada con teléfono móvil.

O prazo para a presentación das propostas en cada centro de ensino remata o 31 de maio, tras esta data farase público o fallo do xurado.

blog comments powered by Disqus