¿A SOLUCIÓN DEFINITIVA?
O vindeiro xoves, levará a Pleno Municipal a aprobación da externalización do servizo de recollida de residuos sólidos e limpeza viaria
Son continuas e reiteradas, as queixas por parte de moitos eumeses pola deficiencia deste servizo.
A Corporación Local, despois de estudar ao detalle o estudo de viabilidade para a externalización do servizo de recollida de residuos sólidos e limpeza viaria, puido comprobar como as vantaxes da contratación indirecta deste servizo supón un aforre en custos moi importante para o Concello e o que é máis importante garantiría un servizo de recollida e unha limpeza das nosas rúas máis eficiente e de maior calidade, reflexándose esta melloría claramente nun mellor benestar para todos os eumeses.Onte a tarde a corporación Local explicou a situación ante os representantes das asociacións da nosa vila, as cales respaldaron a iniciativa proposta polo PP.
A continuación amosamosvos a situación actual do servizo e como quedaría co cambio:
A día de hoxe, a situación é esta:
Recollida de Lixo:
2 CAMIÓNS ---- 2 QUENDAS
1 Condutor +1 Peón
1 Condutor +2 Peóns
A primeira quenda recolle os seguintes días á semana:
Luns, Martes, Mércores, Xoves, Venres.
O segundo recolle:
Luns, Martes, Venres e Domingo.
. Os operarios traballan unha xornada de 6.00 a 13.00 hrs.
Operarios Limpeza:
Disponse de 6 empregados, un dos cales está de baixa desde fai máis dun ano, ademais non se pode cubrir a súa baixa por ser interino, é dicir non ten nin praza fixa, polo que en realidade tan só hai 5 traballadores.
A súa xornada de traballo tamén é de 6.00 a 13.00 hrs, 5 días á semana.
O custo total deste servizo supón máis de 650.000 € ao ano ao Concello.
Unha externalización do servizo, suporía estas melloras para o noso pobo:
-.Recollida DIARiA no casco úrbano, e nas parroquías recollida en días alternos(un si e un nón).
-.Reposición de 28 colectores anuais e limpeza e desinfección 3 veces ao ano como
mínimo.
-.Disporíanse de 3 Camións en lugar de 2.
-.324 días cun camión de 16 m³ (capacidade coa que podería recoller todas as parroquías do noso pobo, evitando perder case 2 horas en desprazamentos para descargar o camión, unha vez énchese, como pasa na actualidade)
-.298 días con camións de 8 e 12 m³
-.Incluiríase tamén a recollida de enseres unha vez ao mes e un camión de guindastre aberto( actualmente xa se está pagando a empresas por realizar este servizo), así como a xestión do Punto Limpo, téndoo abieto durante 300 días ao ano, incluíndo o traslado de residuos.
-.Limparanse as nosas rúas cunha maquina varredora de Luns a Sábado.
-.Haberá 5 persoas barrendo de Luns a Venres 260 días ao ano
-.O fin de semana haberá 3 persoas barrendo constantemente.
Concluindo todas estas ventaxas, ainda poden ser melloradas xa que no concurso que se faga as empresas farán melloras a maiores que redundarán na mellora do servizo có que este ainda pode ser máis completo se cabe.
E algo que lle afecta ó peto dos eumeses:non suporía un maior coste do recibo actual, que nón sexa a subida do IPC anual.
Ou sexa máis servizos e mellorados pero soio cun incremento anual do IPC con respecto ao recibo actual.
Cremos que para todos os eumeses, queda clara cal é a mellor opción, esperamos desde nngg que o vindeiro xoves, todos os partidos políticos que nos representan miren polo noso pobo e escollan a mellor opción para todos os eumeses.
Imaxe:Foto-denuncias da Eumesfera