martes, 24 de marzo de 2009

PROXECTO MEDRA

O CONCELLO DE PONTEDEUME PON EN MARCHA O PROXECTO MEDRA, DE ORIENTACION LABORAL PARA RAPACES CON IDADES ENTRE OS 16 E OS 21 ANOS


A Concellería de Servicios Sociais do Concello de Pontedeume porá en marcha o vindeiro día 15 de abril o PROXECTO MEDRA, dirixido a rapaces e rapazas de entre 16 e 21 anos que non estean escolarizados nin traballando, co fin de ofrecerles orientación escolar e laboral e traballar habilidades persoais e sociais que lles faciliten a súa incorporación á vida adulta.

Segundo informou a Concelleira de Servicios Sociais,  Ruth García, este proxecto pretende animar e orientar, fóra do marco educativo, a todos aqueles rapaces e rapazas que, unha vez cumprida a idade de escolarización obrigatoria, e non atopando aínda traballo, para coñecer todos os recursos que hai á hora de buscar emprego, así como as ferramentas que se atopan ó seu alcance e os coñecementos precisos para insertarse no mercado laboral.
O programa terá unha duración de dous meses e levarase a cabo na Casa da Xuventude os luns, mércores e venres dende as 10.00 ata as 13.00 hoas.
O número de prazas a cubrir é de 14, e dentro do proxecto se contempla a realización dun concurso final, que contará con premio para todos os participantes no mesmo. O prazo de inscrición abrirase o luns 23 de marzo e rematará o 2 de abril.
Para máis información e inscricións poderán poñerse en contacto co departamento de Servicios Sociais (Edificio do Xulgado, Avda. do Peirao), no teléfono 981 43 32 88 ou no correo electrónico servizossociaispontedeume@yahoo.es.

blog comments powered by Disqus