miércoles, 8 de abril de 2009

ACLARACIÓNS RÚA BETANZOS

Estánse a recibir críticas polo estado da Rúa Betanzos e queremos aclarar un par de cousas.

Esta é unha zona cunhas beirarrua de hai vinte anos,cunha rede de abastecemento obsoleta e deteriorada e na que se produciron multiples averías en grande parte debido ás tuberías de ferro da época e se decide proceder a saneala zona.

Unha vez levantada a zona os técnicos decatanse de que a rede de alcantarillado está tamén destrozada e estase a tratar un procedemento de aumento ou mellora da obra para executala ao mesmo tempo e non facer o que se estaba a facer antes de facer e volver a levantar despois sobre o feito para dotar de calquer outro servizo.

Polo que se está tentando de facer unha modificación para que aparte do arranxo das beirarruas e mailo tema da auga levaría a maiores :

-Unha nova conducción subterranea do alumeado público

-O saneamiento iría en tubo de PVC

-Asi como unha rede separativa de pluviais independiente do saneamento


Por todos estes motivos estáse a retrasar o remate desta obra que coas melloras que se pretenden facer redundaría no beneficio de todos e especialmente nos veciños da devandita rúa.

Por todo isto queremos pedir disculpas a todos os eumeses, polas molestias que ocasionen estas obras.

blog comments powered by Disqus