CONCELLO DE PONTEDEUME ORGANIZA UNHA XINCANA ECOLÓXICA PARA A CELEBRACIÓN DA ROMARÍA DE SAN MIGUEL DE BREAMO.
Unha vez máis e incardinado dentro do programa de intervención para a prevención das drogodependencias “BOTELLÓN CÍVICO” o Concello de Pontedeume propón á poboación eumesa e visitantes que opten por participar na romaría a realización dunha xincana medioambiental que terá lugar ó longo do camiño tradicional de subida a Breamo.
Esta iniciativa especial pretende reforzar o intento de concienciación en canto á importancia do medio e do seu coidado, en cómo as accións individuais e de grupo poden influenciar na relación entre calidade de vida e a condición do ambiente e, por suposto, quere continuar co traballo de concienciación xeral e finalidade do proxecto creado pola Concellería de Servicios Sociais do Botellón Cívico.
Segundo informa Ruth García, concelleira da área, dita actuación busca sensibilizar na problemática que supón a celebración deste tipo de festexos, sobre todo no que se refire ó espacio compartido. Os lugares polos que transcorre a romaría serán utilizados á baixada e ó día seguinte por veciños que os precisan como zonas de paso, así como polos visitantes que realixen a ruta de sendeirismo que ten habilitada o Concello de Pontedeume dentro dos seus proxectos turísticos.
EN BREAMO XOGA LIMPO
A base da actuación se centra no lema empregado xa o ano pasado para a mesma romaría, “EN BREAMO XOGA LIMPO”, unido ós propios do proxecto Botellón Cívico (que son “ocio compartido, divírtete pensando, limpa o que manchas, relaciónate, xestiona o lixo e recicla”).
A xincana ecolóxica contará coa participación de mediadores que se ubicarán ó longo do traxecto que une o casco histórico da vila coa capela de San Miguel de Breamo e dende donde marcarán as probas que deberán seguir para gañar un Breamo Sostible. O stand estará colocado na Praza de San Roque e dende ese punto todos os interesados recibirán a información da actividade e faráselles entrega dunha bolsa do lixo do Botellón Cívico, para que poidan disfrutar da xornada festiva sen deixar lixo polo camino e poidan cumprir coas actividades propostas na xincana.
Está previsto que todos os participantes que cumpran cos obxectivos ambientais sexan agasallados no seu percorrido saudable cara a ermida de San Miguel.
PREOCUPACIÓN POLA XESTIÓN DO LIXO
Esta proposta da Concellería de Servicios Sociais está enmarcada nas liñas de actuación do goberno municipal para conseguir unha vila máis limpa.
A principal preocupación que supoñía tanto o botellón como a celebración destas romarías era a do espacio compartido, e o mantemento do mesmo en condicións óptimas para o disfrute de todos e cada un dos veciños e visitantes ó longo de todas as horas do día, de xeito que o ocio nocturno non supoña a imposibilidade de utilizar espacios comúns debido ó estado de deterioro no que quedaba.
O proxecto Botellón Cívivo leva en funcionamento dende marzo de 2008 ofrecendo numerosas propostas para a concienciación da impotancia da participación en actividades de ocio como pode ser o botellón sempre realizando un consumo moderado e respectando o medio ambiente e os equipamentos municipais.