EUME CAMPIÓN DE LIGA
O Eume Deportivo proclamouse este Domingo Campión de Liga da 2º División Autonómica, logrando unha vez máis o ascenso a 1ª División Autonómica. Cun campo cheo ata a bandeira a pesares da mala tarde e contando cunha ampla presencia dos membros máis pequenos do clube, tamén estiveron arropando ao equipo o alcalde Gabriel Torrente e o lider da Oposición Agustín Vilariño.
Un partido, no que o Eume venceu sen moitos apuros a S.D Animas por 5 goles a 2, abriu a lata Rojis cando apenas se levaba un cuarto de hora de partido, despois de un tiro a porta no que o porteiro visitante fixo inútil a estirada e o balón entrou pegado o pau dereito da porteria.
Ampliou a conta Antón na primeira parte, para xa na segunda sentenciar con goles de Dani Rios, Anxo e Marcos Rubia.
Con este resultado o Eume pecha a tempada cun números de auténtico Campión, despois de 34 partidos disputados, o Eume alcanzou a brillante cifra de 79 puntos, gañando 24 partidos, empatando 7 e perdendo tan só 3 partidos. Ademáis disto e depois do resultado de hoxe tamén convertiuse no equipo máis goleador con 85 goles e encaixando tan só 40 no total da tempada.
Despois do partido todos os integrantes da plantilla foron a celebrar esta gran victoria do deporte eumés a Praza Real e a bañarse posteriormente no Pilón como xa é costume nas victorias dos equipos eumeses.
O Alcalde Gabriel Torrente en declaración a Radio Fene, quixo felicitar a tódolos integrantes da plantilla e do corpo técnico do Eume, así como a sua directiva.
Esperemos que en próximas datas a Corporación chegue a un acordo coa nova Xunta e saia adiante o tan desexado proxecto do novo campo de futbol.