O CONCELLO DE PONTEDEUME CONVOCA O II CERTAME DE RELATOS BREVES POLA IGUALDADE DE XÉNERO
O Concello de Pontedeume, a través da súa Concellería de Servizos Sociais, convoca o II Certame de relatos breves pola Igualdade de Xénero. Esta convocatoria enmárcase dentro das accións a desenvolver no I Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Pontedeume e xorde co obxectivo de utilizar a creación literaria como unha das posibles vias para poñer de manifesto e visibilizar o papel das mulleres nos distintos ámbitos da vida: política, economica, cultural…, tanto na esfera pública como na privada.
Segundo informou Ruth García, Concelleira de Servicios Sociais, o certame institucionalízase coa presente edición, que xa é a segunda, posto que se considera que tra-lo éxito acadado na primeira convocatoria, é preciso manter este tipo de actuacións, que permitan amosar por medio de calquera das expresións artísticas, neste caso a escrita, a implicación dos creadores na loita por acadar a igualdade efectiva e real entre as mulleres e os homes.
A presente edición caracterízase porque ten como temática específica a corresponsabilidade. Poderán participar neste concurso todas aquelas persoas interesadas maiores de dezaseis anos, mediante a presentación dun ou varios traballos de creación literaria e carácter inédito e poderá empregarse tanto o castelán como o galego. Os relatos terán esencia literaria e poderán presentaranse no rexistro xeral do Concello de Pontedeume ata o vindeiro luns 15 de setembro do ano 2009 ás 14:00 h.
A dotación que presenta esta convocatoria establece un único premio dotado de 470.60 € para o mellor relato que será entregado mediante acto público o vindeiro día 25 de novembro ás 12:30 h. no Salón de Sesións da Casa do Concello no que a autora/autor ou persoa na que delegue darán lectura pública ao mesmo.
Para máis información teñen á súa disposición as bases do concurso publicadas no Boletín Oficial da Provincia cuxo enlace na rede é o seguinte: Bases BOP