sábado, 16 de mayo de 2009

OBRADOIROS RISOTERAPIA


O Concello de Pontedeume, en colaboración co Equipo Comarcal de Igualdade da Oficina I+B de As Pontes, e dentro das programación de actividades a desenvolver dende a Área de Igualdade Municipal, oferta aos veciños eumeses a participación nos Obradoiros de Risoterapia e o de Habilidades de Comunicación.

Segundo informou a Concelleira de Servicios Sociais, Ruth García, a realización destes obradoiros xorde como unha máis das accións que se promocionan dende a área de igualdade e ten como finalidade ofrecer ás eumesas os recursos formativos de ámbolos dous obradoiros e, no seu caso, os lúdico-terapéuticos do de risoterapia.

Os obradoiros de risoterapia terán lugar os días 18 e 19 no Centro Municipal de Maiores en horario de 16 a 18 horas e os días 20 e 21 no local da AAVV de Olmo de 10 a 12 horas.

O obradoiro de habilidades de comunicación celebrarase os días 25 e 26 de maio, no Centro Municipal de Maiores de 10 a 12:30 horas.

Cada un dos obradoiros conta con 15 prazas e as inscricións poden realizarse no Departamento de Servicios Sociais Municipal.

Ruth García aproveita para convidar a todas as mulleres eumesas interesadas en calquera das dúas iniciativas a participar nas mesmas.

blog comments powered by Disqus