jueves, 21 de enero de 2010

DECRETO DO PLURILINGÜISMO

Os populares galegos apoiamos o plurilingüismo fronte ao monolingüismo. Preferimos ademais un modelo galego fronte a un modelo importado. Liberdade fronte á imposición e, sobre todo, diálogo fronte a folga.

O monolingüismo supón para Galicia convertirse nun país pechado, separado, á defensiva e con medo ao avance e á modernidade.

O plurilingüismo, pola contra, parte dunha concepción de Galicia como país aberta ao mundo, integrado en España, pero tamén en Europa e no mundo global de hoxe.

Ata hoxe, o único decreto cuestionado legalmente foi o do bipartito –polo Consello Consultivo-. Precisamente pola súa tendencia ao monolingüismo.

Documento da Academia
O monolingüismo non existe nin na sociedade galega nin no mundo cara ao que van os escolares de hoxe.

Os populares galegos non apoiamos convertir á escola nun lugar diferente ao mundo.


MANIFESTACIÓN “QUEREMOS GALEGO”

O PPdeG afirma que os prolegómenos da manifestación de ‘Queremos Galego’, convocada antes de coñecerse as bases do decreto, lle restan lexitimidade.

Os populares lamentan profundamente que haxa colectivos que sigan instalados na histeria lingüística e leven a cabo nalgunhas aulas campañas de adoutrinamento contra a Xunta entre nenos de 9 e 10 anos.

Os populares fan fincapé en que o carácter preventivo da folga e da manifestación de mañá pon en evidencia o seu plantexamento político e o feito de que non son actos contra as bases do decreto senón contra os resultados das urnas do pasado 1-M.

Unha porcentaxe dos que mañá asistirán á manifestación contra o modelo lingüístico da Xunta o farán presionados polos piquetes preventivos de ‘Queremos Galego’.

En calquera caso, os populares galegos respetan o dereito a manifestarse dos que apostan pola imposición lingüística pero non poden pasar por alto que pisoteen o dereito dos que apostan pola liberdade lingüística a non secundar a folga e a manifestación.

O PPdeG quere lembrar que a Consellería de Educación lles tendeu a man para que se unisen ao consenso e a resposta coa que se encontrou foi cunha convocatoria preventiva de dúas manifestacións e dunha folga.

Trátase, de todos xeitos, dunha manifestación en contra da maioría social de Galicia, contra a maioría que apostou polo plurilingüismo cordial sereo.

Ademais vai en contra da idea de diálogo e entendemento transmitida pola Real Academia no seu documento.

A foto dos Vázquez hoxe supón a reedición na oposición do bipartito, demostra que PSOE e BNG seguen xuntos e que o BNG é o brazo lingüístico do PSOE.

blog comments powered by Disqus