martes, 14 de diciembre de 2010

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA DO NADAL 2010

Como todos os anos por estas datas, o SERVIZO DE DEPORTES do Concello de Pontedeume ofertará para todos os interesados un amplio abanico de actividades deportivas que se desenvolverán no período vacacional do Nadal.

Para poder participar nestas actividades haberá que facer unha preinscripción pois algunhas delas están limitadas en número de participantes, tanto en número mínimo de participantes como en máximo.

Si cando remate o período de preinscrición non se cubren uns mínimos o concello reservase o dereito de suspender calquera das actividades ou torneos programados.


PROGRAMACIÓN DEPORTIVA DO NADAL 2010



As actividades deportivas programadas para nen@s pequen@s desenvolveranse en horario de mañá de 12 a 13,30 horas no Pavillón " A CASQUEIRA "; o patinaxe en xeo terá lugar na pista de xeo do Coliseum en A Coruña e os torneos celebraranse polas tardes no Pavillón " A CASQUEIRA " ; o Torneo de Tenis será polas mañás na pista cuberta do IES BREAMO.

Para maior información e inscricións deben dirixirse á Oficina Administrativa do Servizo de Deportes , sita no Pavillón Municipal de Deportes " A CASQUEIRA " ou ben telefonear ao Nº 981 433041-607614764

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA DO NADAL 2010

ACTIVIDADES PARA NENOS PEQUENOS :

-Luns 27 de decembro : de 12 a 13,30 horas : XOGOS MALABARES + 4 anos
-Martes 28 de decembro: de 12 a 13,30 horas : XOGO LIBRE + 4 anos
-Mércores 29 de decembro: de 12 a 13,30 horas : XOGOS COOPERATIVOS + 4 anos.
-Xoves 30 de decembro : de 12 a 13,30 horas : XOGOS RECREATIVOS+ 4 anos
-Venres 31 de decembro : de 12 a 13,30 horas : TORNEO MULTIDEPORTE + 4 anos -Luns 3 de xaneiro : de 12 a 13,30 horas : XOGOS TRADICIONAIS + de 4 anos.
-Mércores 5 de xaneiro : de 12 a 13,30 horas : MINIOLIMPIADAS + 4 anos

OUTRAS ACTIVIDADES :

-23-24-27-28-29-30 de 9,30 a 14 horas : TORNEOS DE TENIS
-22-23-24-26 de decembro de 16 a 20 horas : TORNEOS DE FÚTBOL SALA
-27-28 de decembro de 16 a 20 horas : TORNEO DE BASKET 3 X 3
-30 de decembro de 16 a 20 horas : XORNADAS DE BALONMÁN
-31 de decembro de 11 a 14,30 horas : PIRAGUA-CROSS
-2 de xaneiro : XADREZ NA RÚA REAL de 11,30 a 14,30 horas
-4 de xaneiro : PATIN EN XEO : saída ás 11 horas + 6 anos; Nº mínimo de asistentes 15
PREZO : 6 €

blog comments powered by Disqus