sábado, 27 de junio de 2009

RIDICULO DOS PARTIDOS DA OPOSICIÓN DE PONTEDEUME



Os grupos políticos da oposición de Pontedeume, PSOE, BNG, IEP e o non adscrito Fernando Garcia Sande, volven a facer o ridículo. O Parecer o socialista Bernardo Fernández Piñeiro por ter que acudir a un concerto solicitou ao Alcalde antes do comenzo do Pleno Ordinario deste pasado Xoves poder abandoar o pleno as 20.00 hrs . Despois das intervencións dos portavoces no punto II da orde do día, o socialista Bernardo levantouse e marchou como así o había solicitado. Nese mesmo intre comenzaron os aplausos dos acólitos socialistas na sala, do mesmo xeito os membros do BNG, IEP e Fernando Garcia Sande levantaronse tamén seguindo a estela de Bernardo, mentres os socialistas Agustín Vilariño e Mari Carmen Cascallar cruzaban as miradas preguntándose que era o que estaba a pasar, vendo que marchaban todos pois eles non iban a ser menos e levantaronse tamén. Quedándose no Salón de Plenos o grupo do PP e máis o COE.

Paradoxa.: A donde vas tolo, a donde van todos...

blog comments powered by Disqus